Proyectos arqueológicos, restauración y divulgación en Galicia

Publicacións(antes de 2024) - Páxina 3

Amosamos temas de interese e diferentes proxectos en arqueoloxía e patrimonio cultural, realizados polo noso equipo.

Escavan a fosa de Celanova na que se cree que hai sete represaliados asturianos 5 Dec

Escavan a fosa de Celanova na que se cree que hai sete represaliados asturianos

05/12/2022 Hemeroteca

A Voz de Galicia recolle a nosa intervención en Celanova.   Nunha zona axardinada do cemiterio parroquial de San Verísimo, en Celanova, comezou a escavación arqueolóxica que ten como fin atopar os restos de sete persoas que foron fusiladas nas tapias do camposanto o 22 de setembro de 1939, ás sete da mañá. Os traballos para descubrir a fosa común na que se cre que están os cadáveres deses sete soldados republicanos asturianos forman parte da programación para este ano dentro do Plan Cuatrienal...

Ler máis

Tempos Arqueólogos realiza un estudo preliminar do xacemento de El Castillejo, en Villasbuenas de Gata 4 Dec

Tempos Arqueólogos realiza un estudo preliminar do xacemento de El Castillejo, en Villasbuenas de Gata

04/12/2022 Hemeroteca

A revista Grada, recolle a seguinte información dos nosos traballos en Castillejo, Villasbuenas de Gata, Cáceres.    O xacemento prehistórico do Castillejo, localizado no municipio cacereño de Villasbuenas de Gata, foi obxecto dun estudo preliminar para valorar a súa potencialidade arqueolóxica, así como propoñer futuras intervencións para o seu estudo e posta en valor.   O equipo arqueolóxico realizou un levantamento planimétrico con apoio dun dron, que lles permitirá ter os primeiros recur...

Ler máis

Curso de prevención de riscos en montaña nivel 1 4 Dec

Curso de prevención de riscos en montaña nivel 1

04/12/2022 Medidas da empresa

O persoal de Tempos Arqueólogos acaba de realizar unha formación fundamental para o seu traballo en contextos de montaña, ben como guías de montaña ou en escavacións arqueolóxicas na montaña, como as realizadas nos montes de Casaio, Carballeda de Valdeorras e a Cidade da Selva.  O curso de prevención de riscos de montaña nivel 1, está organizado pola Federación Española de Montaña, en colaboración coa Escola Galega de Alta Montaña.  Trátase do primeiro curso de tres que compoñen o plan de form...

Ler máis

Museo da Enerxía de Ponferrada 15 Nov

Museo da Enerxía de Ponferrada

15/11/2022 Patrimonio cultural

O Museo da Enerxía situado na fábrica da Luz de Ponferrada é todo un referente. Atópase na antiga central térmica da Minero Siderúrxica de Ponferrada MSP. É unha xoia da arqueoloxía industrial do Bierzo. A central, en funcionamento entre 1920 e 1971, recolle a memoria dos traballadores de maneira exemplar . Ata ela o carbón das minas do Bierzo e Laciana chegaba por un sistema de cables. Unha vez aló almacenábase e distribuíase mediante cintas transportadoras para chegar ás caldeiras. Unha v...

Ler máis

O meandro do río que rescatou aos mortos da guerra 8 Dec

O meandro do río que rescatou aos mortos da guerra

08/12/2021 Hemeroteca

El País recolle os traballos en Crecente.Buscaban ósos dun alcalde socialista e xa atoparon catro caveiras máis con violentos signos de represalias por parte do franquismo. César Alberte Domínguez, carpinteiro e concelleiro socialista de Arnoia (Ourense), foi levado da súa casa polos falanxistas en 1936. Tiña 52 anos e a familia xa non sabía do seu paradoiro. Foi asasinado na ponte do próximo concello de Castrelo de Miño e non hai certificado de defunción. Simplemente desapareceu, e abriuse un ...

Ler máis

Mercarán unha finca para ampliar as escavacións de Proendos 5 Dec

Mercarán unha finca para ampliar as escavacións de Proendos

05/12/2021 Hemeroteca

A Voz de Galicia faise eco das intervencións en Proendos en decembro de 2021. O Concello de Sober pretende mercar unha leira particular situada á beira do lugar onde se están a exhumar os restos dun horreum ou depósito de grans de época romana —na parroquia de Proendos—, xa que se supón que neste terreo tamén se atopan vestixios de antigos construcións. Na nova campaña de escavación que se está a realizar nestes momentos no lugar púidose comprobar que polo menos un dos muros do horreum continúa...

Ler máis