Empresa de arqueoloxía en Galicia

Coñece máis da nosa empresa de arqueoloxía

Chámanos!650 337 454

Coñece aos nosos arqueólogos

Entre os profesionais que formamos parte de Tempos Arqueólogos, xuntamos unha experiencia acumulada de máis de 30 anos en diferentes tipos de proxectos, localizacións e casos.

Desde os traballos de control e acompañamento en numerosas obras públicas, vinculadas á construción do AVE ou autovías, ata a coordinación de obras en contornas patrimoniais como castelos e igrexas. Tamén traballamos para a posta en valor de xacementos arqueolóxicos mediante panelería e últimas tecnoloxías.

En que consisten os nosos traballos de arqueoloxía?

O noso traballo vai desde o deseño e configuración da idea, ata a proxección e execución. Aseguramos un traballo de calidade, con prazos marcados e con profesionais comprometidos co proxecto, remando todos na mesma dirección.

A nosa ampla experiencia en arqueoloxía permítenos asesorar, guiar e recomendar na xestión do patrimonio cultural, ben sexa a través dos nosos arqueólogos ou a través da ampla rede de colaboradores coa que traballamos. Porque en cuestións de Patrimonio Cultural é máis necesario que nunca o traballo en equipo e a colaboración con diversos especialistas.

Empresa de arqueoloxía en Galicia

Contacta con Tempos Arqueólogos!

Se queres saber máis sobre os nosos servizos de arqueoloxía ou solicitar un orzamento personalizado para o teu proxecto, contacta cos nosos arqueólogos. Somos a túa mellor opción!

Contactar