A revista Grada, recolle a seguinte información dos nosos traballos en Castillejo, Villasbuenas de Gata, Cáceres.
O xacemento prehistórico do Castillejo, localizado no municipio cacereño de Villasbuenas de Gata, foi obxecto dun estudo preliminar para valorar a súa potencialidade arqueolóxica, así como propoñer futuras intervencións para o seu estudo e posta en valor.
O equipo arqueolóxico realizou un levantamento planimétrico con apoio dun dron, que lles permitirá ter os primeiros recursos dirixidos á posta en valor do xacemento. “Tras os traballos presentaremos varias propostas de intervención arqueolóxica para o futuro próximo. Cremos que existe un enorme potencial na comarca que pode dar moitos recursos á zona”, afirmou un dos membros de Tempos Arqueólogos, Francisco Alonso.
Os primeiros resultados presentaranse mañá nunha charla que terá lugar ás 22.00 horas na Cantina Silvestre, en Villasbuenas de Gata. “Realizamos unha documentación exhaustiva do sitio sen escavación, que nos permitiu ter unha idea moi precisa da súa estrutura e a súa entidade. Sen dúbida, trátase dun xacemento de gran interese histórico e patrimonial”, explicou o arqueólogo.