Publicacións

Temas

Museo da Enerxía de Ponferrada

Publicado: 15 de novembro de 2022, 15:42
  1. Patrimonio cultural

O Museo da Enerxía situado na fábrica da Luz de Ponferrada é todo un referente. Atópase na antiga central térmica da Minero Siderúrxica de Ponferrada MSP. É unha xoia da arqueoloxía industrial do Bierzo.

Museo da Enerxía de Ponferrada - Imagen 2

A central, en funcionamento entre 1920 e 1971, recolle a memoria dos traballadores de maneira exemplar .

Ata ela o carbón das minas do Bierzo e Laciana chegaba por un sistema de cables. Unha vez aló almacenábase e distribuíase mediante cintas transportadoras para chegar ás caldeiras.

Unha vez nas caldeiras, nun ambiente de ata 50 graos no verán o carbón queimado producía a suficiente temperatura como para xerar vapor en cantidade e mover varias turbinas, que producían a electricidade.

Dende a sala de control regulábase a electricidade que nun primeiro momento daba servizo ás propias instalacións mineiras, e posteriormente alimentou tanto á rede eléctrica xeral, como a fábricas de cementos Cosmos.

Toda unha memoria industrial a protexer e valorizar, pero que tamén deixaría as súas pegadas de contaminación no seu momento. Ata o ano 2003 a gran montaña de refugallos de carbón da MSP, de 90 metros de altura, era un referente visual da cidade.

 

Se precisas un arqueólogo en Ponferrada ou no Bierzo, non dubides en contactarnos. 

Noticias relacionadas
De Proencia a Proendos

De Proencia a Proendos

04/12/2021
Coñece o pasado romano da parroquia de Proendos en Sober a través do relato de Fran Alonso Toucido, director do proxecto arqueolóxico Proencia, Sober. A charla acompañarase cun viño D.O. Ribeira Sacra da Adega Proencia. No Ateneo Casino, Monforte de Lemos.
Arqueoloxía en Zas

Arqueoloxía en Zas

13/12/2020
O concello de Zas situado na comarca da Terra de Soneira, provincia da Coruña, preto de Santa Comba, ten no estudo realizado polos arqueólogos para o seu Plan Xeral con 108 elementos arqueolóxicos, son os seguintes: PUNTOS ARQUEOLÓXICOS DO CONCELLO DE ZAS (A CORUÑA). GA15093001 Mámoa Saconde da
Arqueoloxía en Allariz, Ourense

Arqueoloxía en Allariz, Ourense

12/12/2020
O concello de Allariz situado na rexión de Allariz-Maceda, provincia de Ourense, preto de Ourens, ten no estudo realizado polos arqueólogos para o seu Plan Xeral con 24 elementos arqueolóxicos, son os seguintes: Código PXOM XACEMENTO KEY GA XA-1 Castro de Armea GA32001001 XA-2 O Forno da Santa
Arqueoloxía en Nigrán

Arqueoloxía en Nigrán

11/12/2020
O concello de Nigrán situado na comarca do Val Miñor, provincia de Pontevedra, preto de Vigo, ten no estudo realizado polos arqueólogos para o seu Plan Xeral con máis de 140 elementos arqueolóxicos, son os seguintes: CÓDIGO REXISTRO ACHÁDEGO ELEMENTO DE LOCALIZACIÓN PARROQUIAL 0-XAC-01 GA36035111

Compárteo!

Queres máis información sobre os proxectos e traballos de Tempos Arqueólogos?

Se estás interesado en contar co equipo de Tempos Arqueólogos nalgún proxecto non dubides en contactar connosco e solicitar un orzamento a medida.