Publicaciones

Categorías

Atlas arqueolóxico da paisaxe galega

Añadido el 04/01/2021Biblioteca de Patrimonio Cultural

Título: Atlas arqueolóxico da paisaxe galegas

Autores: Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas, Anzo Rodríguez Paz

Editorial: Xerais

Año: 2016

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada
sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar,
pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas
das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o
produto ou o efecto da acción humana, e non só cliso que chamamos a Natureza.
Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia,
e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional
de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da
paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe
é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.
O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na
procura dos seus elementos típicos, xa presentes -ou ausentes- nas paisaxes que
o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo
· que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas
posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso
precisamente as chamamos arqueolóxicas.
A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto
que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana
dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica
activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada
vez máis artificial.

Consultar
881 972 767

¿Alguna duda?

Para más información llama al 881 972 767 o utiliza el siguiente formulario y te responderemos por email.

El titular de la página informa que los datos de este formulario serán tratados para ofrecerle la información solicitada, siendo la base legal del tratamiento el consentimiento otorgado por el usuario. No se cederán datos a terceros. Puede ejercer los derechos como se explica en la Política de Privacidad.

1 de 2

¿Quieres más información sobre los proyectos y trabajos de Tempos Arqueólogos?

Si estás interesado en contar con el equipo de Tempos Arqueólogos en algún proyecto no dudes en contactar con nosotros y solicitar un presupuesto a medida.