Proyectos arqueológicos, restauración y divulgación en Galicia

Publicacións - Páxina 3

Amosamos temas de interese e diferentes proxectos en arqueoloxía e patrimonio cultural, realizados polo noso equipo.

75 anos das escavacións en Elviña: do castro á cidade 20 Dec

75 anos das escavacións en Elviña: do castro á cidade

20/12/2022 Novidades

Coa fin de conmemorar os 75 anos dende os inicios das intervencións arqueolóxicas no Castro de Elviña (A Coruña), dende Tempos Arqueólogos e RVR Arquitectos, realizamos a exposición 75 anos de escavacións en Elviña: do castro á cidade, promovida polo Concello de Coruña. A inauguración da mostra tivo lugar do 16 de agosto na Praza do Obelisco, onde permaneceu ata o 11 de setembro. Durante este tempo, a veciñanza e visitantes puideron desfrutar e coñecer o pasado e presente dun xacemento singular...

Ler máis

Patrimonio do Camiño de Santiago Portugués 17 Dec

Patrimonio do Camiño de Santiago Portugués

17/12/2022 Patrimonio cultural

O Camiño de Santiago portugués converteuse nun turismo e experiencia alternativa para moitos peregrinos de todo o mundo, xa que lles permite descubrir o eixo atlántico galego.   A ruta portuguesa do Camiño de Santiago A ruta habitual de saída é desde a cidade de Lisboa, desde a que se accede a Galicia pola cidade de Tui, a través da Ponte Internacional sobre o Miño. Este camiño conta con diferentes etapas, que nos permitirán gozar dun lugar de gran riqueza paisaxística e histórica como a cid...

Ler máis

Morteiro de Saturninus 17 Dec

Morteiro de Saturninus

17/12/2022 Patrimonio cultural

O museo de Ourense presente a súa peza do mes de decembro de 2022 Con motivo das obras realizadas na estrada N-525, ao abeiro do coñecido como Plan de accesos a Galicia, levado a cabo na primeira metade da década dos anos 70 do século XX, que tiña por obxecto mellorar o trazado desta vía, tivo lugar o descubrimento desta peza, xunto cuns fragmentos de terra sigillata, nas proximidades da cidade de Ourense, á altura do lugar de Papón. Os  morteiros  coa  marca  de  Saturninus,  en  Hispania con...

Ler máis

Escavan a fosa de Celanova na que se cree que hai sete represaliados asturianos 5 Dec

Escavan a fosa de Celanova na que se cree que hai sete represaliados asturianos

05/12/2022 Hemeroteca

A Voz de Galicia recolle a nosa intervención en Celanova.   Nunha zona axardinada do cemiterio parroquial de San Verísimo, en Celanova, comezou a escavación arqueolóxica que ten como fin atopar os restos de sete persoas que foron fusiladas nas tapias do camposanto o 22 de setembro de 1939, ás sete da mañá. Os traballos para descubrir a fosa común na que se cre que están os cadáveres deses sete soldados republicanos asturianos forman parte da programación para este ano dentro do Plan Cuatrienal...

Ler máis

Tempos Arqueólogos realiza un estudo preliminar do xacemento de El Castillejo, en Villasbuenas de Gata 4 Dec

Tempos Arqueólogos realiza un estudo preliminar do xacemento de El Castillejo, en Villasbuenas de Gata

04/12/2022 Hemeroteca

A revista Grada, recolle a seguinte información dos nosos traballos en Castillejo, Villasbuenas de Gata, Cáceres.    O xacemento prehistórico do Castillejo, localizado no municipio cacereño de Villasbuenas de Gata, foi obxecto dun estudo preliminar para valorar a súa potencialidade arqueolóxica, así como propoñer futuras intervencións para o seu estudo e posta en valor.   O equipo arqueolóxico realizou un levantamento planimétrico con apoio dun dron, que lles permitirá ter os primeiros recur...

Ler máis

Curso de prevención de riscos en montaña nivel 1 4 Dec

Curso de prevención de riscos en montaña nivel 1

04/12/2022 Medidas da empresa

O persoal de Tempos Arqueólogos acaba de realizar unha formación fundamental para o seu traballo en contextos de montaña, ben como guías de montaña ou en escavacións arqueolóxicas na montaña, como as realizadas nos montes de Casaio, Carballeda de Valdeorras e a Cidade da Selva.  O curso de prevención de riscos de montaña nivel 1, está organizado pola Federación Española de Montaña, en colaboración coa Escola Galega de Alta Montaña.  Trátase do primeiro curso de tres que compoñen o plan de form...

Ler máis

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.