Proyectos arqueológicos, restauración y divulgación en Galicia

Visita Histórico Arqueolóxica ao barrio de San Lázaro, Santiago de Compostela

Publicado: 13 de abril de 2023, 16:11
  1. Patrimonio cultural
Visita Histórico Arqueolóxica ao barrio de San Lázaro, Santiago de Compostela

O barrio de San Lázaro medrou coma núcleo viario, ao pé do Camiño Francés, entre o Monte do Gozo e Compostela.
Dende súa fundación medieval, coma lazareto da urbe, experimentou grandes modificacións, a última delas como consecuencia da expansión urbanística da cidade con cambios sociolóxicos irreversibles.


Desde esta perspectiva, faremos unha viaxe a través od seu trazado e dos elementos históricos máis singulares, do pasado e presente.

Un lazareto ao pé do camiño

No ano 2002 realizouse unha intervención arqueolóxica que puxo á luz restos do lazareto de orixe medieval. No solar que ocupa a actual Consellería de Medio Ambiente  e arredores, foran descubertas estruturas pertencentes a dito complexo coma cabanas, canles, silos  de almacenamento, así coma os restos da antiga capela románica cuxa cruz testeira se conserva na  espadana da actual igrexa parroquial.

Cruz de pedra


A cruz de san Lázaro chamará a atención de Castelao, quen a recollerá en «As cruces de Pedra na Galiza», xunto a outras de similar tipoloxía.
Ademais desta peza, podemos contemplar restos cerámicos procedentes do lazareto no Museo das  Peregrinacións e de Santiago. Serán estes, xunto aos restos conservados na zona administrativa,
algunhas das testemuñas mudas do San Lázaro medieval.


Coa oficialidade de Compostela coma capital, programarase unha transformación irreversible dos barrios desde o punto de vista urbanístico pero tamén social. Os  usos mudarán así como en boa medida os propios veciños, dando
coma resultado o barrio que hoxe coñecemos.

 

Visita Histórico Arqueolóxica ao barrio de San Lázaro, Santiago de Compostela - Imagen 1

Noticias relacionadas

Patrimonio do Camiño de Santiago Portugués

Patrimonio do Camiño de Santiago Portugués

17/12/2022 Patrimonio cultural
O Camiño de Santiago portugués converteuse nun turismo e experiencia alternativa para moitos peregrinos de todo o mundo, xa que lles permite descubrir o eixo atlántico galego.   A ruta portuguesa do Camiño de Santiago A ruta habitual de saída é desde a cidade de Lisboa, desde a que se accede a
Morteiro de Saturninus

Morteiro de Saturninus

17/12/2022 Patrimonio cultural
O museo de Ourense presente a súa peza do mes de decembro de 2022 Con motivo das obras realizadas na estrada N-525, ao abeiro do coñecido como Plan de accesos a Galicia, levado a cabo na primeira metade da década dos anos 70 do século XX, que tiña por obxecto mellorar o trazado desta vía, tivo
Museo da Enerxía de Ponferrada

Museo da Enerxía de Ponferrada

15/11/2022 Patrimonio cultural
O Museo da Enerxía situado na fábrica da Luz de Ponferrada é todo un referente. Atópase na antiga central térmica da Minero Siderúrxica de Ponferrada MSP. É unha xoia da arqueoloxía industrial do Bierzo. A central, en funcionamento entre 1920 e 1971, recolle a memoria dos traballadores de
De Proencia a Proendos

De Proencia a Proendos

04/12/2021 Patrimonio cultural
Coñece o pasado romano da parroquia de Proendos en Sober a través do relato de Fran Alonso Toucido, director do proxecto arqueolóxico Proencia, Sober. A charla acompañarase cun viño D.O. Ribeira Sacra da Adega Proencia. No Ateneo Casino, Monforte de Lemos.

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.