Proyectos arqueológicos, restauración y divulgación en Galicia

Exposición conmemorativa dos 75 anos das escavacións no Castro de Elviña

Publicado: 02 de setembro de 2025, 16:06
  1. Emprego
Exposición conmemorativa dos 75 anos das escavacións no Castro de Elviña

 

A empresa Tempos Arqueólogos, en colaboración con RVR Arquitectos realizou unha exposición na cidade da Coruña, promovida polo propio concello, conmemorando o 75 aniversario das escavacións do Castro de Elviña.

A iniciativa desta exposición era de carácter divulgativa para achegar á cidadanía sobre a importancia das escavacións a nivel cultural e de patrimonio e para achegar o castro aos cidadáns da Coruña, para que coñezan a relevancia do xacemento a nivel histórico

Esta exposición realizouse no verán de 2022 entre os meses de agosto e setembro, concretamente entre o 16 de agosto ata o 11 de setembro. Estaba composta de cinco paneis situados na zona dos Cantóns, no Obelisco, e posteriormente trasladouse ó Museo Arqueolóxico de San Antón na que se pode visitar actualmente.

Estes paneis explican de forma didáctica sobre a importancia da Idade do Ferro e do proceso de romanización en Galicia a través do castro e da cidade da Coruña. Explícase a estrutura do castro poñéndoo en relación ao contorno histórico da cidade, e a forma de vida que se tiña na Idade do Ferro, como por exemplo as relacións comerciais, o papel das mulleres e os cultos e crenzas. Tamén se expón os obxectos e materiais atopados e das distintas intervencións arqueolóxicas que se fixeron ao longo dos séculos XX e XXI.

 

Noticias relacionadas

Investigación histórica: Ponte de Achas (A Cañiza, Pontevedra) 27 Mar

Investigación histórica: Ponte de Achas (A Cañiza, Pontevedra)

27/03/2025 Emprego
Se ben se lle ten atribuído unha cronoloxía romana a moitas pontes localizadas en diferentes puntos do territorio galego, como é o caso da denominada Ponte de Achas, o certo é que boa parte delas foron levantadas en datas moito máis recentes. No proceso de modificación da estrada que pasa pola
Intervención arqueolóxica para a identificación e exhumación dunha fosa común con víctimas da represión franquista no cemiterio parroquial de Santiago da Capela (A Capela, A Coruña). 26 Mar

Intervención arqueolóxica para a identificación e exhumación dunha fosa común con víctimas da represión franquista no cemiterio parroquial de Santiago da Capela (A Capela, A Coruña).

26/03/2025 Emprego
No contexto do Plan Cuatrianual de Memoria Democrática, baixo encargo da USC, leváronse a cabo as labores de excavación arqueolóxica para a identificación e exhumación dunha fosa común con vítimas da represión da Guerra Civil e Ditadura no cemiterio de Santiago de A Capela (A Capela, A Coruña).
Intervención arqueolóxica en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, Lugo 21 Mar

Intervención arqueolóxica en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, Lugo

21/03/2025 Emprego
Por iniciativa das asociacións da Irmandade de Santo Estevo, a Fundación Eira da Xoana e a Asociación Mariña Patrimonio, realizáronse unhas sondaxes valorativas na zona onde a documentación e as testemuñas orais sitúan a antiga ermida de Santo Estevo do Ermo, trasladada a carón do río no século
Acondicionamento e mellora de Ponte Berrimes en Lousame (A Coruña) 2 Abr

Acondicionamento e mellora de Ponte Berrimes en Lousame (A Coruña)

02/04/2021 Emprego
Introdución e traballo feito Entre as obras realizadas a finais do ano pasado, queremos destacar o acondicionamento e posta en valor da ponte de Berrimes en Lousame (A Coruña). A actuación dirixiuse ao acondicionamento, limpeza e posta en valor deste elemento de enxeñaría histórica e o seu contorno