Coñece máis de Tempos Arqueólogos
Entre os profesionais que formamos parte de Tempos Arqueólogos, xuntamos unha experiencia acumulada de máis de 30 anos. En variados tipos de proxectos, localizacións e casos. Desde os traballos de control e acompañamento en numerosas obras públicas, vinculadas á construción do AVE ou autovías. Pasando pola coordinación de obras en contornas patrimoniais como castelos e igrexas. Ou a posta en valor de xacementos arqueolóxicos, mediante panelería e últimas tecnoloxías.
O noso traballo vai desde o deseño e configuración da idea, a proxección e finalmente a execución, asegurando un traballo de calidade, con prazos marcados e con profesionais vinculados completamente co proxecto, remando todos na mesma dirección.
Esta ampla experiencia permítenos asesorar, guiar e recomendar na xestión do patrimonio cultural ben sexa a través de nós directamente ou a través da ampla rede de colaboradores especialistas cos que traballamos, porque en cuestións de Patrimonio Cultural é máis necesario que nunca o traballo en equipo e a colaboración con diversos especialistas.