Publicacións

Temas

75 anos das escavacións en Elviña: do castro á cidade

Publicado: 20 de decembro de 2022, 12:35
  1. Novidades

Coa fin de conmemorar os 75 anos dende os inicios das intervencións arqueolóxicas no Castro de Elviña (A Coruña), dende Tempos Arqueólogos e RVR Arquitectos, realizamos a exposición 75 anos de escavacións en Elviña: do castro á cidade, promovida polo Concello de Coruña.

A inauguración da mostra tivo lugar do 16 de agosto na Praza do Obelisco, onde permaneceu ata o 11 de setembro. Durante este tempo, a veciñanza e visitantes puideron desfrutar e coñecer o pasado e presente dun xacemento singular e da súa contorna inmediata a través de contidos relacionados co ámbito socio-económico e cultural das sociedades que ao longo da Idade do Ferro e da Época Romana habitaron e transitaron o actual termo da Coruña. 

A exposición estruturouse a través de 5 soportes que albergan un total de 15 paneis onde se percorre a historia do castro e dos seus habitantes, os modos de vida, a cultura material achada, a evolución do castro en relación coa cidade da Coruña e a historia das investigacións do xacemento. Os contidos amosados permiten coñecer o xacemento de xeito didáctico, trasladando aos visitantes do castro á cidade a través da Historia e a Arqueoloxía. 

A mostra ten un carácter itinerante e de ampla proxección ao futuro. Así pois, a partir do mes de setembro foi trasladada ao Museo Arqueolóxico de San Antón, onde se pode visitar actualmente. Prevese o seu traslado a outros espazos con capacidade de atraer un público diverso (centros educativos, centros socioculturais, etc.).

Archivos adjuntos

75 anos das escavacións en Elviña (galego).pdf

Descargar
Noticias relacionadas
Volvemos a Cálago para adentrarnos nas orixes de Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Volvemos a Cálago para adentrarnos nas orixes de Vilanova de Arousa (Pontevedra)

04/04/2021
As escavacións arqueolóxicas volverán a Cálago en cuestión de días. Abriranse, coma sempre, á procura de calquera achado do mosteiro histórico. Pero centrouse no estudo de posibles novas estruturas construtivas e restos humanos, como os ósos de hai aproximadamente 1.500 anos atopados no medio
O turismo arqueolóxico non programa A Revista da TVG

O turismo arqueolóxico non programa A Revista da TVG

20/03/2021
Calculamos que non hai ningún programa A Revista da TVG para falar de turismo arqueolóxico. Turismo arqueolóxico na revista CRTVG
Estrea no instagram of collaborations no Diario Cultural

Estrea no instagram of collaborations no Diario Cultural

10/02/2021
Cultura Arqueolóxica do Diario Cultural en instagram Na sección de hoxe realizamos unha actualización arqueolóxica a través dos seguintes temas: 1. Botamos de menos os peixes do mes do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, un soporte de bronce (vértice), feito de bronce, pertencente a un casco
A Estrada pola Ría de Muros-Noia xa forma parte da Ruta Xacobea

A Estrada pola Ría de Muros-Noia xa forma parte da Ruta Xacobea

10/01/2021
Foi necesario un proxecto de investigación de tres anos, no que se revisase a cartografía e a documentación histórica, para que o Camiño de Santiago da Ría de Muros-Noia sexa oficial. Así o acredita o documento asinado esta mañá polo decano do Consello da Catedral e xefe da Oficina de Atención ao

Compárteo!

Queres máis información sobre os proxectos e traballos de Tempos Arqueólogos?

Se estás interesado en contar co equipo de Tempos Arqueólogos nalgún proxecto non dubides en contactar connosco e solicitar un orzamento a medida.